O Galego na Rede

Esta páxina esta creada por alumnos de 1º de BAC do IES A Sangriña (A guarda. É unha páxina sobre o noso idioma con matices de humor e unns contidos interesantes....

viernes, junio 02, 2006

EDUCACIÓN SEXUAL EN GALEGO

Quedeime realmente sorprendida cando atopei esta páxina, A verdade é que ningún de nós atopáramos antes unha páxina parecida en castelán. Hai infinitas páxinas tanto sexuais como eróticas pero dou por feito que poucas deste tipo.
Por moi adiantada que este a sociedade a tódolos nenos resultanos “embarazoso” falar cos nosos pais deste tema. Hai cuestións que realmente intrígannos é os amigos....neste tema cada un conta a súa historia para chulear de quen foi o máis “machito” ou a máis “espabilada”, así que de pouco serven. Volvendo o dos pais, eles como moito dinnos que temos que usar preservativo, que andemos con coidado....etc, pero pouco nos interesa, ademais xa o sabemos. O que non nos contan é como chegar o pracer, que os nosos órganos sexuais serven para máis que para mexar....e é iso o que nos interesa, pero a ver quen llo pregunta....
Esta páxina é perfecta para este tipo de dúbidas, fálase destes temas dunha maneira aberta e sen tabúes, e ademáis...EN GALEGO. O enderezo é este: www.querote.org, entrade!

2 Comments:

  • At 10:35 AM, Anonymous Anónimo said…

    Very best site. Keep working. Will return in the near future.
    »

     
  • At 4:45 PM, Anonymous Anónimo said…

    I find some information here.

     

Publicar un comentario en la entrada

<< Home