O Galego na Rede

Esta páxina esta creada por alumnos de 1º de BAC do IES A Sangriña (A guarda. É unha páxina sobre o noso idioma con matices de humor e unns contidos interesantes....

martes, junio 06, 2006

A GAITA GALEGA




Esta é un comentario que está baseado na entrevista cunha vella chamada Carmen, unha moi sabia gaiteira e outra pouca de información que atopamos de vellos libros.
MOITO CAMBIARON AS GAITAS DENDE OS SEUS COMENZOS. Antes cando os foles das gaitas eran todos de goma e tiñan un tapón que había que abrir de vez en cando para achicalo e que non se encharcase
Despois chegou a febre dos foles de cabrito ou becerro e todas as gaitas foron de fol de cabrito,(para Carmen o mellor que hai),aínda que agora o que se leva e o goretex e case tódalas gaitas veñen así a non ser que de caprichoso se queira un fol de cabrito.
Con respecto a alma da gaita, o corazón é a palleta, están feita de cana de apenas un par de centímetros. Hai verdadeiros artesáns hoxe en día que para Carmen non son artesáns senón artistas en si,porque según di o seu marido intentouno varias veces e é realmente complicado facelas.
Son realmente delicadas o estar feitas de cana e ahí está o negocio xa que rachan como nada.
Para aprender a afinar unha gaita hai que romper unhas cantas palletas antes. Depende da temperatura que faga,a gaita que sexa,a tonalidade na que estea,en fin un mundo moi profundo...
Nas madeiras das gaitas tamén hai onde escoller:Granadillo,pau santo,pau rosa,buxo....
Todas elas son madeiras que necesitan un coidado de moitos anos como os bos viños,pero a verdade merece a pena de ahí os prezos das boas gaitas que oscilan actualmente entre os 800-900 € e os 2000,3000...tendo cartos o que queiras,as hai talladas,a podes ter coa túa sinatura....un mundo de cousas....
Fai 15-20 anos o buxo era a madeira mais barata,hoxe en día e practicamente a máis cara,debido a que escasea e a que tarda moitísimos anos en secar tantos como 15 aproximadamente.
Na Guarda existen unha infinidade de grupos de gaitas: Do Lusco o Fusco, grupo de gaitas Airiños do Trega, grupo de gaitas os Petóns, grupo de gaitas Os Pelouros, grupo de gaitas da Terceira Idade....
Se queredes ampliar información sobre este gran mundo de gaitas, este é un enlace moi interesante: www.seivane.es , trátase dun artesán de gaitas nado en Lugo, que é considerado por todos os galegos o rei.

3 Comments:

  • At 7:12 AM, Anonymous Anónimo said…

    Looks nice! Awesome content. Good job guys.
    »

     
  • At 10:35 AM, Anonymous Anónimo said…

    Greets to the webmaster of this wonderful site. Keep working. Thank you.
    »

     
  • At 4:45 PM, Anonymous Anónimo said…

    I find some information here.

     

Publicar un comentario en la entrada

<< Home