O MAR

E xa que antes falamos de que nalgunhas partes de Galiza se sinten moi identificados ca vaca galega, quedaría moi mal que non falaramos do que a nos, os guardeses, nos fai sentir vivos: o mar.
- Para min o mar é un mundo inmenso cheo de posibilidades, comportase como unha persoa, as veces está calmadiño e outras revolto porque quere que lle prestemos atención.....
- O mar inspírame moitas cousas, milleiros de cousas que non podería expresar con palabras, pero hai outras que si. Por exemplo agora mesmo estouno observando... Está calmo e cunhas poucas ondas que rompen contra as pedras. Miralo así prodúceme tranquilidade, paz, pero hai outras veces; cando chove e está bravo que me transmite rabia, incluso cando miro para el sinto algo de medo, pero sen dúbida algunha o que máis me gusta do mar son eses días de verán que estás na praia e sentes ese airiño fresco...
O mar… para min o mar representa algo máxico, algo inmenso, infinito. Onde moita da súa auga componse de pequenas gotas de suor e bágoas de mariñeiros e traballadores que traballan día e noite. O mar tamén é poderoso e, as veces, terrorífico onde dunha gran marexada todo desaparece envolto nunha gran ola, iso é para min o mar.
Aquí quero deixar un pequeno poema dun poeta chamado Jose Hierro:
SI MUERO QUE ME DEJEN A SOLAS
LA MAR ES MI JARDÍN
NO PUEDE QUIEN AMABA LAS OLAS
DESEAR OTRO FIN


2 Comments:
At 10:35 AM,
Anónimo said…
Super color scheme, I like it! Keep up the good work. Thanks for sharing this wonderful site with us.
»
At 4:45 PM,
Anónimo said…
I find some information here.
Publicar un comentario en la entrada
<< Home