OUTRA GRAN LINGUA: A MÚSICA

Descrita por algúns dos mellores compositores como a súa forma de comunicarse co máis aló, a música sempre forma parte integrante na cultura de calquera pobo. En Galiza a música tivo a súa época de esplendor á vez co galego, pois na nosa cultura, música e lingua están moi unidas. Calquera poema de xograres de toda Galiza era musicalizado e isto atraeu a moitas persoas, o que enriqueceu moito a súa cultura. Pero non imos utilizar internet para falares de Afonso X nin de Mendiño, así que imos ver que quedou deles.
A principios dos oitenta, Vigo experimentou unha forte cultura musical,o igual que todo o mundo, pero o que en realidade destaca de Vigo e que conseguiu converterse nunha das cidades máis importantes de España en música pop-rock. Unha cousa xa estaba clara, os galegos temos un especial sentido para a música. O único problema de Vigo era que case ningún grupo usaba o galego, que parecía que estaba relegado a unha música folk sen apenas público. A cousa evolucionou (e segue evolucionando), e agora focos de xóvenes nas cidades usan o galego para comunicarse, o que deu pe a que apareceran grupos novos en galego, como Festicultores, Cenk, Guezos, Galegoz, Nao, A Banda de Poi, Presencia Zero ou Balbordo, estes últimos da nosa vila.
Para rematar,é un feito que o galego non esta no seu mellor momento, pero esta situación se pode arranxar, e un factor historicamente importante para unha lingua é a música. Nela se ven avances positivos e creo que isto é moi favorábel para a súa normalización.....Por que non utilizar o galego para comunicarnos co máis aló?


4 Comments:
At 11:46 PM,
Anónimo said…
Your are Excellent. And so is your site! Keep up the good work. Bookmarked.
»
At 7:12 AM,
Anónimo said…
Hallo I absolutely adore your site. You have beautiful graphics I have ever seen.
»
At 10:36 AM,
Anónimo said…
Hi! Just want to say what a nice site. Bye, see you soon.
»
At 4:45 PM,
Anónimo said…
I find some information here.
Publicar un comentario en la entrada
<< Home