PEQUENA INTRODUCCIÓN O NACEMENTO DE INTERNET

Xa que estamos a falar sobre os recursos e posibilidades de internet, cremos apropiado falar sobre o seu nacemento e a súa evolución para que hoxe podamos estar escribindo isto aquí.
Millóns de persoas en todo o mundo utilizan Internet, como ferramenta de traballo, ocio, necesidade,... pero ¿Canto tempo fai que naceu Internet? ¿Quen o inventou?
Temos que dar marcha atrás no tempo e remontarnos ao ano 1955, cando o presidente dos EE.UU, Eisenhower, planeou lanzar un pequeno satélite artificial. Rusia (a Unión Soviética por aquel tempo) pola súa parte reaccionou lanzando o “Sputnik”(pequena esfera), que sería o detonante para que EE.UU non se quedara cos brazos cruzados. Este país, despois do lanzamento do “Sputnik”, creou a Axencia de Proxectos avanzados de Investigación (coñecido como ARPA) que xunto coa Fundación nacional da ciencia (coñecido como NSF), e outras máis, serían clave importante para o nacemento de Internet.
Tras varios experimentos e investigacións de tecnolóxicos e científicos da personalidade coma Leonard Kleinrock, Lawrence G. Roberts, John Licklider e moitos máis é cando no ano 1965 un proxecto desenrolado por: Kleinrock (un mestre), e o seu grupo pequeno de estudantes graduados, lograban poñer en contacto remotamente a unha computadora de Stanford para intentar enviar algún dato. É foi nese momento cando os científicos de todo o mundo podían intercambiar información.
A base do que hoxe en día é Internet foi todo un éxito. Dende ese momento ata o día de hoxe, non se parou de innovar e incrementar as aplicacións sobre este sistema de conexión. As posibilidades de este medio non ten límites.


3 Comments:
At 7:12 AM,
Anónimo said…
Looks nice! Awesome content. Good job guys.
»
At 10:36 AM,
Anónimo said…
Hmm I love the idea behind this website, very unique.
»
At 4:45 PM,
Anónimo said…
I find some information here.
Publicar un comentario en la entrada
<< Home