O Galego na Rede

Esta páxina esta creada por alumnos de 1º de BAC do IES A Sangriña (A guarda. É unha páxina sobre o noso idioma con matices de humor e unns contidos interesantes....

martes, junio 06, 2006

A VACA GALEGA


A “toleira” de este comentario veunos porque en moitas partes de Galicia, a vaca, é todo un símbolo e algo que valorar. Vale máis o que significa para nós unha vaca que o que simboliza un forte león.
A vaca esqueceuse dos cornos e danos o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. Non nos pode dar máis.
A vaca é o amparo dos pobres libres. Canta xentiña viviu durante épocas de fame ou simplemente hoxe destes animais? Nutríndose coa súa leite e vendendo o seu coiro.
Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os "concursos de BELEZA". Nesta vila non apreciamos tanto isto, pero hai lugares, como é o caso de Chantada, onde o concurso vacún é un gran acontecemento esperado durante todo o ano. Reúnese xente de toda Galiza e tras longas deliberacións elíxense varias campioas; a máis “guapa”, a máis grande, as mellores ubres....
O día que saibamos o que vale unha vaca, Galiza quedará redimida.
Finalmente queremos facer fincapé na edición dun libro chamado: "Refraneiro galego da vaca" que ofrece un amplo estudo sobre o campo semántico da vaca galega dende hai anos, por un veterinario, Pedro Benavente Jareño e un filólogo, Xesús Ferro Ruibal. Ambos recolleron e estudiaron, contando coas variantes dialectais, máis de dez mil palabras, máis de mil refráns, cantigas populares, adiviñas e mesmo os relatos galegos de tradición oral. En fin, o material recollido nas case oitocentas fontes manexadas mostra información de todo o territorio galego e nel, naturalmente, rexístrase todo canto os autores atoparon xa publicado verbo deste tema.

4 Comments:

  • At 11:46 PM, Anonymous Anónimo said…

    Interesting site. Useful information. Bookmarked.
    »

     
  • At 7:12 AM, Anonymous Anónimo said…

    I'm impressed with your site, very nice graphics!
    »

     
  • At 10:35 AM, Anonymous Anónimo said…

    Your site is on top of my favourites - Great work I like it.
    »

     
  • At 4:45 PM, Anonymous Anónimo said…

    I find some information here.

     

Publicar un comentario en la entrada

<< Home